Un proceso de elaboración artesanal

Na nosa microcervexería a elaboración de Bandua xungue a tradición e a innovación nun proceso de fabricación que busca únicamente obter un produto á altura dos nosos clientes.
Nós non empregamos aditivos químicos nin pasteurizamos ou filtramos as nosas cervexas. Todas elas son sometidas a un proceso absolutamente artesán no que tódalas fases de molturado, elaboración, fermentación e embotellado realízanse gardando o maior respecto posible pola tradición e a natureza.

Trala fase de elaboración, todas as nosas cervexas realizan a fermentación principal durante uns sete días no fermentador, permanecendo neste outros sete días máis, nun proceso de clarificación-maduración. Deseguido, tralo embotellado, ficarán en botella un mínimo de catro semanas realizando a fermentación secundaria para así poderen ser desfrutadas do mellor modo que un prefira: en compaña duns bos amigos, en soidade escoitando un bo vinilo, nunha celebración, nun día calquera despois dunha xornada de traballo… as opcións son infinitas. Nós o único que podemos engadir é:

Saúde!!!