Quienes Somos

Dous amigos coa afición de elaborar cervexa caseira, despois de realizaren cursos de formación e viaxar por países europeos con ampla tradición cervexeira e mesmo visitaren os Estados Unidos, onde hai anos elabórase cervexa artesá con gran auxe e mesmo desplazando as grandes marcas de cervexa industrial, comezan a lle dar xeito a unha idea que xa lles andaba a roer os miolos dende anos atrás: montar unha MICROCERVEXERÍA ou FÁBRICA DE CERVEXA ARTESÁ. A idea non é gratuita, moi ao contrario, é froito dos gustos persoais e das observacións dos comportamentos sociais nos últimos tempos. Dos gustos persoais porque tanto o un coma o outro foron aficionados ao mundo da cervexa dende sempre e tendo esa inquietude de ir algo máis lonxe. Das observacións dos comportamentos sociais porque, nas últimas décadas e nos últimos anos con maior intensidade, é sinxelo constatar que as grandes multinacionais e as grandes industrias están a eliminar sen remedio ao pequeno comercio e á pequena industria. Mais coidamos que tamén é certo, que, por primeira vez en moito tempo, a xente está a se decatar da importancia de volver ao auténtico, ás cousas con esencia, aos productos de toda a vida e sen enganos. Estos razones son os alicerces deste proxecto empresarial que determinaron que tanto Luis como Fernando optasen por se reconverter en pequenos empresarios cervexeiros e así constituir unha microcervexería. A idea base é a de ofertar un producto novedoso e de calidade, natural e saudable utilizando para elo materias primas de primeira calidade e fuxindo de calquera clase de aditivo químico, conservantes, colorantes ou estabilizadores artificiais.